Iolanda Veloso anima a participar no programa "Camiña con nós pola igualdade", co obxectivo de previr a violencia
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns a sexta edición do programa "Camiña con nós pola igualdade", que na convocatoria pasada se desenvolveu en 43 centros educativos da cidade. Iolanda Veloso destacou a importancia da educación "para previr a violencia" polo que convidou aos centros escolares a seguir sumándose a esta iniciativa, que ten aberto o prazo de inscrición ata o 20 de outubro.
A concelleira nacionalista explicou que o programa se dirixe ao alumnado de Educación Infantil (de 3 a 6 anos) e 6º de Educación Primaria (11 e 12 anos), con obradoiros de 45 minutos de duración no primeiro caso e de 90 minutos no segundo. Salientou que, mediante unha metodoloxía lúdica adaptada a cada curso, os obradoiros teñen o obxectivo de "reflexionar sobre os roles e os estereotipos que existen na nosa sociedade".
Iolanda Veloso indicou que "Camiña con nós pola igualdade" xa ten 27 solicitudes presentadas, o cal, ao seu xuízo demostra que os centros escolares "estaban agardando que lles chegara a información". Neste sentido expresou a súa confianza de que se superará a cifra de 35 centros nos que se impartiron os obradoiros na edición pasada e os 2.622 alumnos e alumnas participantes.
A edil do BNG destacou o incremento de participación no programa, xa que no curso 2005-2006, foron 20 os centros de ensino participantes; no curso 2006-2007 participaron 32 centros; no curso 2007-2008 participaron 29 centros; no curso 2008-2009 os obradoiros impartíronse en 30 centros e xa no curso 2009-2010 foron 35.
"Os obradoiros axudan a ver cales son os prexuízos dos nenos e nenas e como inflúe neles o contorno", engadiu Iolanda Veloso. Comentou que permiten apreciar as diferentes percepcións dos rapaces e rapazas segundo a idade, xa que mentres aos 3 anos aínda non teñen prexuízos, a partir dos 5 anos comezan a ver os distintos estereotipos sociais.
Descargar todas as imaxes