luns, 4 out 2010
O alcalde de Vigo eloxiou este luns o traballo realizado polos axentes da Policía Local e os efectivos de Bombeiros durante o temporal que asolou Vigo e Galicia principalmente na pasada xornada do domingo. Caballero cifrou en máis de 200 as saídas dos corpos municipais. Entre as consecuencias do mal tempo destacou a inundación do aparcadoiro de Fernando El Católico, ademais de elementos caídos ou en risco de caer en distintas fachadas de edificios.
luns, 4 out 2010
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns a sexta edición do programa "Camiña con nós pola igualdade", que na convocatoria pasada se desenvolveu en 43 centros educativos da cidade. Iolanda Veloso destacou a importancia da educación "para previr a violencia" polo que convidou aos centros escolares a seguir sumándose a esta iniciativa, que ten aberto o prazo de inscrición ata o 20 de outubro.
luns, 4 out 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, participaron este luns nos actos de homenaxe á Policía Nacional que anualmente celébranse o 4 de outubro. O rexedor vigués eloxiou a "dedicación" dos efectivos de seguridade do Estado que operan en Vigo e a coordinación da Policía Nacional coa Local.
luns, 4 out 2010
O alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, entre outros integrantes do goberno local, asistiron o pasado sábado á presentación na planta de Vigo de PSA Peugeot Citroën dos modelos eléctricos do grupo, o Peugeot iOn e o Citroën C-Zero, xa á venda. A posta de largo, á que acudiron representantes de varias administracións públicas, producíuse poucos días despois de que o grupo automobilístico confirmara que a factoría de Balaídos comezará a producir a finais de 2012 dous vehículos comerciais eléctricos.