martes, 5 out 2010
O alcalde, Abel Caballero, reuníuse este martes co responsable do Festival Aéreo Internacional de Vigo, Pablo González, para valorar o resultado do Festival Aéreo do pasado xullo, a edición con maior número de espectadores e que en 2010 superou a Barcelona. Cara ao 2011, a "vontade" municipal é continuar sendo "referencial" en España, para o que o alcalde iniciará hoxe as xestións co Embaixador de Canadá.
martes, 5 out 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes o traballo que vén realizando a asociación Doa dende hai 23 anos para atender e eliminar o estigma social das persoas con enfermidades mentais. Na visita que hoxe realizou ás instalacións desta entidade, a concelleira nacionalista afirmou que cómpre seguir traballando para erradicar este problema social engadido á enfermidade.
martes, 5 out 2010
A Casa da Xuventude acollerá un curso de informática gratuíto que se desenvolverá do 13 ao 22 de outubro, de 9.30 a 12 horas. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e empregar as diferentes opcións de uso diarias que un ordenador ofrece e a inscrición pode facerse ata o último día antes do inicio do curso.