O alcalde anuncia que o entorno da recén humanizada Simón Bolívar contará con rede WiFi gratuita
Abel Caballero o avanzou na inauguración este luns da segunda fase da humanización da rúa Simón Bolivar, no treito entre Venezuela e a Praza Elíptica. En total, o Concello investíu un millón de euros nesta mellora que inclúe renovación das canalizacións de abastecemento e saneamento, novas e ampliadas beirarrúas de granito, arborado e xardineiras.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que o entorno da rúa Simón Bolívar -Venezuela e a Praza Elíptica- contará con rede WiFi gratuita a cargo do Concello, sumándose así ás que xa operan no Casco Vello, nas Prazas de América e Independencia e no Calvario.
Abel Caballero o anunciou na inauguración da segunda fase da humanización da rúa, na que o goberno local que preside o socialista investíu máis de un millón de euros en total, 580.000 euros no tramo aberto hoxe entre Venezuela e a Praza Elíptica e outros 460.000 euros no treito entre a primeira e Ecuador.
O espazo inaugurado hoxe luns suma unha superficie de 2.300 metros cadrados, dos que preto de 1.000 son de novas beirarrúas de granito. A actuación municipal supuxo a renovación das redes soterradas de abastecemento, saneamento e colectores de augas pluviais. O Concello tamén dispuxo na zona xardineiras e arborado, novos puntos de luz, papeleiras e bancos.
WiFi
Tras a decisión da Comisión do Mercado das Telecomunicacións, o Concello de Vigo decidiu manter ilimitadamente as zonas de Internet libre e sen fíos nas Prazas de América e Independencia, no Casco Vello e na zona peonil do Calvario, ao que sumarase Simón Bolívar tras o anuncio municipal.
Caballero explicou que os servizos municipais estudan igualmente amplialo a outros ámbitos da cidade con alta densidade de poboación -como Bouzas, Teis, Coia e Balaídos, por exemplo-, a avanzou a colocación nas próximas semanas de carteis informativos das zonas WiFi.
Atendendo aos requisitos da CMT para ofrecer este acceso -velocidade máxima de 256 kb/seg e que o sinal non chegue ao interior dos edificios-, Vigo ofrece este acceso libre coa limitación do uso das redes P2P de intercambio de arquivos e nos contidos inapropiados para menores.
O servizo olívico permite a conexión a Internet a través de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles ou dispositivos PDA. O alcalde apuntou asemade que as liñas á Universidade dos autobuses urbanos de VITRASA disporán de modo experimental do sistema WiFi gratuito.
Descargar todas as imaxes