Escoitar

Caballero subliña que o traballo da Policía Local e Bombeiros permitiu atender máis de 200 incidencias causadas polo temporal

O alcalde de Vigo eloxiou este luns o traballo realizado polos axentes da Policía Local e os efectivos de Bombeiros durante o temporal que asolou Vigo e Galicia principalmente na pasada xornada do domingo. Caballero cifrou en máis de 200 as saídas dos corpos municipais. Entre as consecuencias do mal tempo destacou a inundación do aparcadoiro de Fernando El Católico, ademais de elementos caídos ou en risco de caer en distintas fachadas de edificios.

luns, 4 out 2010
1286196586temporal.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou este luns o traballo despregado onte domingo polos efectivos da Policía Local e dos Bomebiros por mor do temporal, unha xornada na que atenderon máis de 200 incidencias.

Segundo explicou o rexedor, entre as máis relevantes estivo a causada pola inundación do aparcadoiro de Fernando El Católico, que xerou danos en varios vehículos.

Como accións significativas, a Policía Local de Vigo tamén efectuou 28 operacións relacionadas coa caída ou risco de caída de árbores en distintos puntos da cidade, 24 máis relativas á elementos da fachada de edificios e de materiais de obra soltos ou con perigo de caída e outras 16 causadas por sinais ou mobiliario urbano desprazado. Os desprazamentos ou caída de elementos urbanos motivaron en algunhas ocasións curtes puntuais no subministro eléctrico ou no tráfico.
Descargar todas as imaxes