María Méndez resalta o traballo de Doa na eliminación do estigma das persoas con enfermidades mentais
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes o traballo que vén realizando a asociación Doa dende hai 23 anos para atender e eliminar o estigma social das persoas con enfermidades mentais. Na visita que hoxe realizou ás instalacións desta entidade, a concelleira nacionalista afirmou que cómpre seguir traballando para erradicar este problema social engadido á enfermidade.
María Méndez explicou que no conxunto do estado español arredor do 9% da poboación ten algún problema de saúde mental, mentres que o 15% pode chegar a telo ao longo da súa vida. Ante esta situación, a concelleira de Benestar Social fixo un chamamento "para que todas as persoas coiden a súa saúde mental e ás institucións colaboren neste sentido coa achega dos recursos pertinentes".
No percorrido polas instalacións, no que estivo acompañada pola presidenta de Doa, Gloria Galán, e o seu xerente, Juan Manuel Adá, a concelleira do BNG comentou que precisamente o lema do Día da Saúde Mental 2010, que se conmemorará o vindeiro 10 de outubro, é "Benestar emocional para unha saúde xeral".
Por outra banda, María Méndez adiantou que o incremento de recursos e a mellora dos espazos das entidades con fins sociais, entre as que figura Doa, deberá ser un "reto para a vindeira lexislatura".
Na actualidade, Doa conta con 117 prazas, distribuídas nos seus centros de Vigo (68) e de Cangas (25), e nos pisos que xestiona (24). Ademais do seguimento psicolóxico de persoas con enfermidades mentais, desenvolve obradoiros de pintura, escultura, cerámica, reparación e restauración de mobles, costura, xardinería, cartón pedra, coiro e enmarcado.
Descargar todas as imaxes