O alcalde subliña que a celebración de Conxemar sitúa a Vigo "de novo no centro da pesca" no mundo
Abel Caballero participou este martes na apertura da XII Edición de Conxemar, presentación na que tamén estivo presente o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a Ministra de Medioambiente, Elena Espinosa, entre outros. O alcalde cualificou esta feira de "acontecemento excepcional" de "importancia capital" xa que en Vigo se toman as grandes decisións no sector da pesca conxelada.
Na súa intervención, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, erixiu a Conxemar como o evento "referente" no sector da transformación e comercialización de produtos do mar, un "acontecemento excepcional" que ubica a Vigo na "sede mundial da pesca".
O primeiro edil incidiu en que a edición de 2010 de Conxemar -que celébrase ata o próximo xoves no IFEVI- rexistra 552 empresas de 39 países distintos, un incremento do 3% no número de expostores e un ascenso tamén no número de estados participantes, que o pasado 2009 foi de 32 nacionalidades.
Para Vigo, afirmou Caballero, Conxemar é "un novo impulso da economía viguesa e galega, significa recargar as baterías do motor económico de Galicia e dar un novo impulso na nosa consolidación como potencia mundial no sector".
O alcalde aseverou que, nos tres días de celebración da Feira, a ocupación hoteleira de Vigo e da provincia achégase ao 100%, convertindo a Conxemar no "noso propio Xacobeo". "Conxemar representa o potencial de Vigo, a súa ambición e profesionalidade, a súa aposta pola internacionalización e a innovación permanente, a súa visión emprendedora e de futuro", asegurou.
Abel Caballero recordou que o Concello de Vigo cumpriu o compromiso de ter aberta a primeira fase do novo aparcamento de Peinador para o inicio de Conxemar, dispoñendo de 800 novas prazas de estacionamento a escasos metros do recinto feiral.
O alcalde rematou a súa intervención felicitando á organización de Conxemar, e ao seu presidente, José Luis Freire, en particular, o seu "impagable traballo", e agradeceu a presenza dos profesionais e dos asistentes.
Descargar todas as imaxes