Santos Héctor inaugurou a II Xornada "Imos Traballar" da CIG, co lema "Ferramentas para o emprego: formación e información"
O Centro Cultural Caixanova acolleu na mañá deste mércores a II Xornada Divulgativa da CIG dentro do proxecto "Imos Traballar", inaugurada polo concelleiro de Promoción Económica e Emprego e polo secretario comarcal do devandito sindicato, Serafín Otero. A xornada está dirixida a persoal técnico de emprego, persoas desempregadas e empresas vinculadas á atención aos maiores e aos servizos á comunidade co obxectivo de apostar pola formación como vía de inserción laboral.
O proxecto "Imos Traballar" é unha iniciativa de emprego local no marco das axudas do Fondo Social Europeo. Coa idea de mobilizar recursos para a creación de emprego promoveuse o Pacto Local de Emprego, unha das accións do proxecto "Imos Traballar", asinado polo Concello e polos axentes sociais e económicos. O Pacto Local polo Emprego aúna os esforzos da administración local, das tres centrais sindicais e das principais asociacións empresariais de Vigo e da provincia.
O que se pretende conquerir é un medio para identificar novas oportunidades de creación de emprego e establecer unha planificación de política de emprego en Vigo. A outra grande acción do proxecto son os Itinerarios Formativos de Inserción Laboral (IFIS) vinculados á atención a maiores e servizos á comunidade, xa que "Imos Traballar" aposta pola formación profesional como estratexia na procura de emprego.
Nesta II Xornada Divulgativa "Imos Traballar" da Confederación Intersindical Galega (CIG) afondarase nos obxectivos do programa, nas necesidades formativas das persoas desempregadas -incluíndo a avaliación de persoas que xa participaron deste programa- e nos novos escenarios laborais resultantes da crise económica e da reforma laboral recentemente aprobada.
Descargar todas as imaxes