O tenente de alcalde salienta a importancia de "promoción da cidade" que supón a celebración da Copa Asobal en Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, en resposta aos medios sobre a celebración en Vigo da Copa Asobal, manifestou que "non é unha sorpresa" que Asobal se fixara en Vigo para celebrar a Copa, que terá lugar os días 18 e 19 de setembro. O nacionalista asegurou que vai ser un acontecemento moi importante a nivel deportivo "pero tamén de promoción da cidade".
"No curto espazo de tres meses, ademais da Copa Asobal teremos a Copa do Rei, que poñerán a Vigo no máis alto do mundo deportivo", destacou Santi Dominguez. Felicitou ao concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, "por este logro", así como ao equipo da Tenencia de Alcaldía, "polo seu traballo na coordinación dos eventos".
O nacionalista expresou que a celebración deste tipo de eventos deportivos figura entre os obxectivos da Tenencia de Alcaldía e asegurou que "seguimos coas mans abertas para albergar calquera evento deportivo".