O alcalde anuncia humanizacións por valor de 7,2 millóns en rúas como Couto San Honorato, Ramón Nieto e Aragón
A Xunta de Goberno Local celebrada este mércores deu o seu visto bo aos pregos para licitar obras de humanización en Vázquez Varela, Oporto, Cangas, Mestre Montes, Couto San Honorato, Martínez Garrido, Aragón, Asturias, Salvaterra e Ramón Nieto, por un importe superior aos 7 millóns. Caballero informou que os traballos, a iniciar a comezos de xaneiro, alongaranse entre 3 e 4 meses e defendeu a "urxencia" de reformar "viais urbanos de máxima importancia na cidade de Vigo".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores en rolda de prensa da aprobación por parte do goberno local dos pregos para a licitación de obras de humanización en dez viais da cidade por valor de 7,2 millóns de euros.
Tras a celebración da Xunta de Goberno Local, o alcalde indicou que o Concello impulsa unha vez máis a humanización dun "gran bloque de arterias viguesas" que chega prácticamnete "a toda a cidade". Trátase de "viais urbanos de gran importancia na cidade de Vigo", que iniciarán a súa humanizacións a comezos de xaneiro de 2011 cun prazo de execución previsto de entre tres e catro meses.
Segundo citou Abel Caballero, o goberno local aprobou as humanizacións da primeira fase de Vázquez Varela, con 1,1 millóns de investimento; da rúa Oporto, entre Areal e Rosalía de Castro, por valor de 375.000 euros; de Cangas, con 574.000 euros; Mestre Montes, por 222.000 euros; Couto San Honorato, por 425.000 euros; as primeiras fases de Martínez Garrido -un millón de euros- e de Aragón -2.020.000 euros-; Asturias, cunha partida de 280.000 euros; Salvaterra, con 212.000; e a primeira fase de Ramón Nieto, cun investimento de un millón de euros.
O alcalde afirmou que estas humanizacións corresponden aos orzamentos municipais de 2010, e subliñou o estado de "abandono" no que atopábanse algúns dos viais en cuestión, entre os que citou Vázquez Varela, Oporto ou Couto de San Honorato, en Ribadavia.
ACOPOVI
Ante os medios de comunicación, o alcalde deu conta asemade da reunión mantida co presidente da Agrupación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI), Enrique Lorenzo, destinada a "programar actuacións" de corais e bandas de música para 2011 e facer "especial fincapé" na promoción da cultura musical viguesa dentro e fóra do municipio.
Caballero explicou que o Concello buscará a fórmula para asumir o custo desta campaña e posibilitar a presenza das bandas e corais viguesas en certames españois. Como exemplo, o alcalde indicou que a Alcaldía financiou a viaxe da banda de música de Valladares a Valencia para recoller o máximo galardón estatal concedido a estas agrupacións.