Escoitar

O alcalde participou na presentación en Vigo do primeiro espazo tecnolóxico interactivo de R en Galicia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este martes á presentación do novo "showroom" da R nas instalacións que a empresa galega ten en García Barbón. Este espazo, único en Galicia, foi deseñado polo arquitecto vigués Jesús Irisarri e concebido como un escaparate aberto para que a cidadanía viguesa poida achegarse un pouco máis á tecnoloxía.

mércores, 6 out 2010
1286367743R.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este mércores á presentación oficial do primeiro "showroom" que a empresa R abre en Galicia, un espazo tecnolóxico interactivo e innovador que procura a participación da cidadanía.

O novo espazo está localizado nas instalacións da compañía galega en García Barbón e foi ideado polo arquitecto vigués Jesús Irisarri. Trátase dun escaparate aberto á cidadanía no que R leva anos traballando e pretende que os vigueses e as viguesas poidan achegarse ás novas tecnoloxías.

No acto da mañá deste mércores, o alcalde e o resto de invitados á presentación oficial puideron visitar as intalacións da empresa e interactuar coas novas dotacións tecnolóxicas alí dispostas.
Descargar todas as imaxes