Xesus López confirma a continuidade do Are More e anuncia que se celebrará cando se inaugure o remodelado Teatro Fraga
O concelleiro de Cultura, Xesus López, asegurou este venres que o festival de música clásica Are More, "non se suprime", como publicou hoxe un medio escrito da cidade, senón que se apraza ata a apertura do Teatro Fraga tras a súa remodelación. O concelleiro do BNG afirmou que o festival se celebrará este inverno e que incluirá "dúas actuacións de nivel internacional".
"A Concellería de Cultura nunca utilizou a idea de suprimilo, senón que traballa para que manteña a súa dimensión e para que creza", salientou Xesus López. O concelleiro explicou, por outra banda, que nos últimos anos mantivo un "perfil de baixa intensidade", polo que o traballo que se está realizando ten o obxectivo de "colocar o Are More no máis alto".
Segundo sinalou o responsable de Cultura, ás portas da inauguración do Teatro Fraga "pensamos que non tiña sentido realizar unha programación de baixa intensidade", polo que se valorou a posibilidade de agardar e "traballar nunha nova edición que sexa referente". Asegurou que o Are More "non só se mantén, senón que se vai redimensionar como merece", para o cal Xesus López indicou que a Concellería de Cultura xa se puxo en contacto coa Fundación Caixa Galicia e o director do Are More para definir a súa programación.
Respecto ao financiamento do festival, explicou que se manteñen con tres tipos de achegas, a que fai o Concello de Vigo, a que fan as grandes empresas patrocinadoras, e a da Fundación Caixa Galicia. "Imos conseguir o financiamento porque sabemos que a Fundación Caixa Galicia está moi interesada en manter o festival", asegurou en resposta aos medios.