Escoitar
Turismo

Ampliación do servizo do bus turístico

<br />

venres, 8 out 2010
O bus turístico de Vigo ampliará os seus servizos durante todo o mes de outubro, froito da colaboración de Turespaña, Xunta de Galicia e Concello de Vigo no plan de competitividade turística de Vigo: Turismo urbano e de Ría . Con esta ampliación do servizo quérese atender aos cruceiristas e asistentes aos distintos eventos que se están a realizar na cidade neste mes. O Bus Turístico funcionará todos os días ata o 31 de outubro, con saída de Cánovas del Castillo nº22 ás 10.00, 12.00, 16.30 e 18.30 horas. O prezo será de 7.50 € adultos e 4 € nenos e nenas de 5 a 14 anos.