Arredor de 300 deportistas disputarán o sábado no pavillón do Berbés o Gran Premio Internacional de Judo Cidade de Vigo
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou hoxe o Gran Premio Internacional de Judo Cidade de Vigo, que terá lugar este sábado 9 de outubro no pavillón do Berbés. O nacionalista destacou a importancia de que Vigo sexa a sede deste acontecemento deportivo, "transformado nesta ocasión en Copa de España na categoría cadete", e no que competirán arredor de 300 deportistas, 50 deles galegos.
"Dende a Concellería de Deportes estamos seguros de que vai ser un éxito", manifestou Xabier Alonso na presentación, na que tamén participaron a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas. O concelleiro nacionalista destacou que o evento "servirá para ver competir ao equipo galego", que conta con 15 deportistas vigueses, e a competidores de seis países dun "nivel extraordinario como os das seleccións alemana e arxentina".
Ademais, felicitou á Federación Galega de Judo polo seu traballo a prol da promoción tanto do deporte de base como de élite, que ao seu xuízo pode comprobarse na circunstancia de que un dos judokas vigueses ten a posibilidade de participar nas vindeiras Olimpiadas de Londres.
O presidente da Federación Galega de Judo salientou que este campionato é "un referente no calendario internacional", xa que participarán deportistas de Alemaña, Arxentina, Italia, Portugal, Suecia e España, así como das comunidades de Castela a Mancha, Madrid, Canarias, Asturias, Castela León, País Vasco, Valencia, Baleares, Murcia e Galicia. "Para a Federación é moi importante ter eventos desta magnitude", afirmou.
Destacou tamén que a competición terá o formato de Copa do Mundo Internacional Cadete, posto que se celebrará nunha única xornada na que competirán 8 categorías de peso masculino e outras 8 de peso feminino. Tras a competición, "puntuable para os judokas españois", puntualizou, celebrarase un "campo de adestramento" que terá lugar o domingo e o luns, no que os deportistas "terán a oportunidade de compartir experiencias".
Descargar todas as imaxes