Eudosio Álvarez confirma os "éxitos cualitativo e cuantitativo" do Museo da Cidade, ao superar as 60.000 visitas dende marzo
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, deu conta este xoves dos datos sobre a evolución de visitas dos espazos museísticos vinculados ao Museo da Cidade, que inclúe o Pazo de Castrelos e os xacementos de Toralla e O Castro. O nacionalista destacou os "éxitos cualitativo e cuantitativo", xa que dende a posta en marcha do plan divulgativo do Museo da Cidade ,no mes de marzo, houbo máis de 60.000 visitantes.
Eudosio Álvarez sinalou que os dous obxectivos desta iniciativa eran incrementar as visitas dos propios vigueses e viguesas, e animalos a coñecer as instalacións museísticas, e xerar unha dinámica para as familias arredor do traballo divulgativo. Respecto ao "salto cuantitativo" que para o Museo da Cidade supón a cifra de 60.000 visitantes, Eudosio Álvarez destacou o papel xogado polo poboado castrexo de O Castro, xa que é "o xacemento urbano máis visitado de Galiza e dos máis visitados de España", ao superar entre marzo e setembro as 24.000 visitas. Tamén fixo referencia ás persoas que entraron ao pazo de Castrelos para coñecelo, que entre abril e setembro foron 12.300 persoas. Ademais, sinalou que o xacemento de Toralla foi visitado por 12.200 persoas entre os meses de marzo e agosto , mentres que a exposición "Xoias de Álvarez" recibiu 7.768 visitantes, o proxecto "Cidade de soños" foi visitado por máis de 15.000 persoas e aos concertos celebrados nos xardíns do pazo de Castrelos acudiron máis de 2.000 persoas.
No tocante ao "éxito cualitativo", o concelleiro de Patrimonio Histórico comentou que en todos os espazos se fixeron sondaxes sobre a satisfacción dos visitantes. Salientou que no caso do xacemento de O Castro "supera o 9 sobre 10", ao igual que en Castrelos. Indicou que os visitantes tamén expresan algunha crítica, nomeadamente sobre a necesidade de que estes proxectos se puxeran antes en marcha.
"Hai pouca propaganda e moita eficacia", sinalou Eudosio Álvarez afondando na forma de dar a coñecer os proxectos expositivos do Museo da Cidade. Neste sentido manifestou que o gasto en publicidade "non creo que chegara aos 4.000 euros entre todas as actividades, algo que todos e todas deben saber".
Segundo o concelleiro nacionalista, coas medidas postas en marcha conseguiuse ter un servizo de atención e de recollida de chamadas "máis eficaz", así como a organización das visitas guiadas as fins de semana. Ademais, destacou o papel das visitas teatralizadas e escenificadas que se celebraron no pazo no traballo de divulgación do museo.
Eudosio Álvarez avanzou, por outra banda, que a partir do 20 de outubro comezarán os traballos de mellora no primeiro e segundo andar do pazo de Castrelos, co obxectivo de preparar este espazo para acoller a exposición "O nacemento dunha cidade", que abrirá no mes de decembro. En resposta aos medios sinalou que a realización destas obras, que durarán un mes, provocarán a modificación das visitas guiadas das fins de semana, mentres que se seguirá mantendo a actividade na sala de arqueoloxía. Indicou tamén que o orzamento desta actuación é de 120.000 euros.
O concelleiro de Patrimonio Histórico explicou que as obras actualmente expostas nestes andares do museo serán retiradas e "un número moi importante" delas darán pé a unha mostra que se exporá na Casa das Artes, co obxectivo de que a cidadanía coñeza "os tesouros de Castrelos". Adiantou que esta colección posteriormente pasará a formar parte da nova pinacoteca, de xeito que esa mostra é o "avance do proxecto expositivo da nova pinacoteca".
Respecto ás obras deste novo espazo cultural, salientou que está xa "superada a fase máis delicada" e se atopan na fase de levantamento da estrutura. Segundo indicou estanse cumprindo os prazos para que a inauguración da pinacoteca se poda celebrar nos primeiros meses de 2011. "É un proxecto moi importante para o BNG, como xa ten sinalado o tenente de alcalde", asegurou o concelleiro de Patrimonio Histórico. Ao respecto engadiu que se trata dun "compromiso electoral cumprido".
Descargar todas as imaxes