O alcalde e a nova directora do Auditorio de Beiramar avogan por "situar á cidade no mercado" de congresos
Abel Caballero entrevistouse este xoves coa nova directora do Auditorio-Pazo de Congresos, Ascensión Durán, a presidenta da Federación de Empresas Organizadoras Profesionais de Congresos - OPC España. O seu "plan de actuación" para a infraestrutura pasa pola promoción do recinto e tamén da cidade en España. Segundo apuntou Caballero, a nova directora ve posibilidades de que Vigo poida entrar no circuito europeo de congresos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse hoxe xoves coa nova directora do Auditorio-Pazo de Congresos de Beiramar, Asunción Durán, para "intercambiar impresións" e o seu "plan de actuación", que pasa por "situar á cidade no mercado" dos congresos.
Asunción Durán é a presidenta da Federación de Empresas Organizadoras Profesionais de Congresos – OPC España, e foi nomeada pola concesionaria do auditorio para xestionar toda a infraestrutura. Comeza o seu traballo co obxectivo inicial de colocalo no circuito español de organizadores de eventos e, en paralelo, montar a promoción do mesmo.
Segundo apuntou Caballero, a nova responsable ve na cidade e nas súas infraestruturas "capacidade e calidade" para "aspirar" ao circuito europeo. Caballero eloxiou á figura de Durán, quen "cubre todos os requisitos" para levar a bo porto o novo Auditorio e cree que "é un acerto" a súa incorporación.
"En prazo"
Abel Caballero asegurou que os traballos de construcción do Auditorio de Beiramar continúan "en prazo" e a súa inauguración terá lugar a comezos de 2011, dependendo da axenda das personalidades que o Concello ten previsto invitar.
Pola súa banda, o alcalde avanzou que o hotel está rematado e "en moi poucos días" será entregado á empresa para que proceda á súa decoración e posterior apertura. Caballero tamén fixo un chamamento á actitude dos hoteleiros e do sector da restauración ante o novo Auditorio, pois Vigo xa conta coas instalacións para acoller grandes congresos, como amosa Conxemar.
Descargar todas as imaxes