Escoitar

Caballero e a directiva buscarán unha solución á situación económica do Amfiv

O alcalde de Vigo recibiu este venres á nova directiva do Club Deportivo Amfiv de baloncesto en cadeira de rodas, para analizar a situación deportiva e financiera da entidade. Caballero eloxiou a "magnífica" traxectoria do club e indicou que procurará, conxuntamente coa dirección, unha solución aos problemas financeiros polos que atravesan.

venres, 8 out 2010
1286540875amfiv.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres á nova directiva do Club Deportivo Amfiv e comprometeuse a buscar conxuntamente unha saída ás dificultades económicas que atravesa a entidade.

Tras o encontro, Abel Caballero explicou que a situación deportiva do Amfiv é "magnífica", con presenza na máxima categoría da modalidade en España e clasificacións para competir en Europa, pero pasa por "circunstancias moi complexas" en canto a súa situación financiera.

"A crisis incide", apuntou o socialista, quen afirmou que a caída de ingresos en concepto de patrocinio e publicidade incide no club. Caballero comprometeuse a estudalo "a fondo" e a "buscar unha solución" conxuntamente coa entidade. O rexedor salientou a "capacidade de desenvolvemento" dos xogadores do Amfiv, tanto polos seus éxitos deportivos como na superación das súas discapacidades físicas.

Temporal
Na mesma comparecencia de prensa, o alcalde explicou que os servizos municipais están preparados para atender ás incidencias climatolóxicas que poidan acontecer pola alerta laranxa decretada para a tarde deste venres. "Estamos ben organizados e preparados", apuntou Caballero, quen eloxiou o traballo dos bombeiros e policías locais.

Abel Caballero recordou a "vontade política firme" de incrementar o plantel da Policía Local e do servizo de Bombeiros tan pronto sexa posible, xa que a normativa estatal estipulou a conxelación dos planteis públicos. "A primeira ampliación de persoal será para a Policía e os Bombeiros", asegurou.
Descargar todas as imaxes