Escoitar

Caballero participa na inauguración dunha xornada que examina o papel das TIC como factor de productividade

O alcalde asistiu este venres á apertura da VIII edición de GALICIATIC, promovido pola Universidade de Vigo, unha xornada programada para estudar o rol das Tecnoloxías da Información e Comunicación como facilitadoras dun mundo máis sostible. Empresas pioneiras no sector das TIC colaboraron nas mesas redondas e conferencias desenvolvidas no marco da xornada.

venres, 8 out 2010
1286540828tic.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este venres ao acto de inaguruación da VIII edición de GALICIATIC, unha xornada promovida pola Universidade de Vigo que estuda as Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) como factor de productividade e sostenibilidade.

As principais empresas do sector, pioneiras no campo das TIC como Oracle ou IBM, expuxeron hoxe en obradoiros, relatorios e mesas redondas a contribución das Tecnoloxías da Información e Comunicación na mellora do rendemento corporativo desde unha visión global, como facilitadoras dun mundo máis sostible.

Algunhas das mesas desenvolvidas esta mañá abordaron conceptos como as ferramentas para a maximización do rendemento corporativo, o aforro de custos mediante a xestión de procesos de negocio, a empresa 2.0, ou as novas perspectivas en Business Intelligence.
Descargar todas as imaxes