O alcalde esíxelle á Xunta melloras en Navia e anuncia reunións informativas cos veciños
Abel Caballero informou hoxe venres da remisión dun escrito ao conselleiro de Infraestruturas e Medioambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, solicitándolle que acelere as obras do gran parque verde e acondicione e transfira ao Concello os espazos entre os edificios. Navia está "desatendido", explicou o alcalde, polo que anunciou contactos coas propiedades de veciños para informarlles da situación na que se atopa o seu barrio.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do envio dunha carta á Xunta de Galicia reclamándolle melloras en Navia e anunciou ao tempo que iniciará reunións coa veciñanza para informar da situación do barrio.
Abel Caballero considera Navia como un ámbito "da máxima importancia en Vigo" que está a ser "paralizado" e "desatendido" polo goberno autonómico, polo que lles esixe "desenvolvementos urbanísticos de calidade" para as preto de 15.000 persoas que alí habitan.
O alcalde reclama do goberno de Núñez Feijóo que acelere as obras do gran parque verde de Navia e que acondicione os espazos entre os edificios, xa que observa queixas da cidadanía sobre o mal estado destes. Caballero aclarou que o Concello non pode actuar neles pois non foron cedidos ao Concello de Vigo.
A solicitude de Caballero insta á Xunta de Galicia a "acondicionar, limpar e transferir ao Concello" os espazos abertos que unen as edificacións de Navia, "como está obrigada". Ante esta circunstancia, o alcalde anunciou o inicio dunha rolda de contactos coas propiedades dos edificios para informar desta situación.
Descargar todas as imaxes