Escoitar

O cuño do Bicentenario circulará durante un mes en todas as cartas saídas da oficina principal de Correos

Abel Caballero asistiu este mércores á posta en funcionamento do rodillo especial do Bicentenario da cidade na oficina central de Correos en Vigo; unha oficina que, segundo explicou o alcalde, é a que ten o meirande número de cartas circuladas de Galicia. Durante un mes o cuño do Bicentenario traspasará fronteiras e todas as misivas que partan desta portarán esta imaxe emblemática.

mércores, 13 out 2010
1286972069bicentenario.JPG
Tanto o alcalde de Vigo coma o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, coincidiron en destacar a cooperación do goberno do Estado co goberno municipal vigués grazas á que se poden facer realidade propostas coma esta. Abel Caballero asegurou que coa iniciativa, enmarcada nos actos conmemorativos do aniversario de Vigo, o nome da cidade traspasará fronteiras.

Ademais o rexedor agradeceu a Correos a "amable acollida de todas as propostas" e avanzou que o primeiro dos cuños quedará no Museo da cidade e o segundo será para o presidente do Goberno.

O delegado do Goberno incidiu en que a capacidade de creación e innovación, "a través dun acto sinxelo, son reflexo da cooperación entre o goberno de España e o goberno de Vigo", indicou.

Vigo cumprirá 200 anos o vindeiro 27 de outubro, día no que publicouse o Real Decreto polo que se lle confire á cidade o título de Ciudad Leal, Fiel y Valerosa, pola súa contribución á expulsión dos invasores franceses.
1286972069bicentenario.JPG
1286972124RODILLO.jpg
Descargar todas as imaxes