Blanco confirma en Vigo que a nova estación de Urzáiz se licitará antes de rematar o ano
Durante a súa presenza na cidade por mor do inicio dos traballos de construcción da nova terminal de Peinador, o ministro de Fomento datou para este ano a licitación da nova estación ferroviaria de Urzáiz e ratificou que a ampliación da ponte de Rande comezará na primavera de 2011. O alcalde, Abel Caballero, celebrou e agradeceu os compromisos de Fomento con Vigo porque "é complicado gobernar en tempos de crise".
O ministro de Fomento, José Blanco, visitou hoxe luns o aeroporto de Vigo, onde comprometeu datas para os próximos pasos das infraestruturas viarias e ferroviarias da cidade.
No acto de colocación da primeira pedra da nova terminal de Peinador, o lucense afirmou que o seu departamento licitará antes de rematar o ano a nova estación Vialia-Vigo de Urzáiz, deseñada polo arquitecto Thom Mayne e que acollerá a chegada da Alta Velocidade á urbe olívica. Blanco estimou nuns 220 millóns o investimento total na mesma.
Blanco explicou asemade que unha das dúas tuneladoras que excavan o acceso á cidade desde Redondela tivo un problema de carácter técnico que obrigou á súa paralización, pero reanudará o seu traballo esta mesma semana, mentres que a segunda o fará en novembro. O investimento de Fomento para que o AVE acceda a Vigo baixo terra e non en superficie ronda os 300 millóns de euros.
O ministro confirmou asemade que a próxima primavera de 2011 verá o inicio das obras de ampliación da ponte de Rande, para o que xa conta cun orzamento previsto de 70 millóns de euros.
O alcalde, Abel Caballero, celebrou e agradeceu o mantemento dos compromisos de Fomento con Vigo -sobre todo porque "é complicado gobernar en tempos de crise"-, e detallou as melloras no aeroporto vigués, os túneles de acceso do AVE, as novas estacións de Guixar e de Urzáiz, a ampliación de Rande e a nova autovía libre de peaxe a Pontevedra, para a que o Ministerio acudirá ao financiamento público-privado.
Descargar todas as imaxes