xoves, 14 out 2010
O alcalde, Abel Caballero, presentou hoxe xoves con varios dos escritores participantes o certame poético "Vigo é palabra", que aunará mañá venres a máis de trinta poetas no Centro Social Caixanova para ofrecer a súa visión da cidade de Vigo. Este evento inaugura os actos de conmemoración do Bicentenario da Cidade olívica.
xoves, 14 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este xoves a súa satisfacción porque o BNG "segue cumprindo os seus compromisos electorais" coa aprobación na Xunta de Goberno de hoxe das licitacións para a construción do polideportivo de Candeán e do Centro Galego de Fotografía, cun investimento global superior aos 3,3 millóns de euros. O nacionalista anunciou que as obras destas dúas actuacións emblemáticas comezarán no mes de decembro.
xoves, 14 out 2010
O alcalde recibiu este xoves a unha representación da asociación Ardies (Asociación rexional para o desenvolvemento das infraestruturas económicas e de desenvolvemento no departamento de Yvelines), que cada dous anos organiza unha viaxe de estudios destinado a cargos electos de órganos territoriais, tales coma deputados, senadores, conselleiros xerais, alcaldes, tenentes de alcalde e concelleiros de urbanismo, así coma aos seus colaboradores.
xoves, 14 out 2010
O grupo Perkuka, do Conservatorio Superior de Música de Galicia, e alumnado da Escola Superior de Arte Dramática amenizaron onte mércores na rúa do Príncipe o reparto de información das xornadas "Vigo no diván" organizadas por Outro Vigo É Posible coa colaboración da Alcaldía de Vigo e incluídas nos actos do Bicentenario da Cidade.
xoves, 14 out 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, presentou hoxe as actividades que o vindeiro sábado 16 de outubro acollerá a Praza da Princesa con motivo do Día Mundial do Pan, que incluirán unha exposición de diferentes tipos de pan, degustacións e unha charla a cargo da experta nutricionista Carolina Nebot. Segundo o nacionalista, o obxectivo desta convocatoria é potenciar o consumo deste produto, pero tamén amosar o apoio ao sector das panaderías, que en Vigo e a súa área suman 248 establecementos.
xoves, 14 out 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, denunciou este xoves a redución do convenio coa Xunta de Galiza para desenvolver os programas de prevención das drogodependencias, ao ser asinado unicamente ata decembro deste ano e non pola totalidade do curso escolar. A concelleira nacionalista asegurou que as 50 actividades programadas polo seu departamento ata fin de ano chegarán a 43 centros escolares.