Escoitar

Abel Caballero destaca a vocación de "permanecer atentos" ao desenvolvemento das relacións entre Vigo e Saint Nazaire

O alcalde recibiu este xoves a unha representación da asociación Ardies (Asociación rexional para o desenvolvemento das infraestruturas económicas e de desenvolvemento no departamento de Yvelines), que cada dous anos organiza unha viaxe de estudios destinado a cargos electos de órganos territoriais, tales coma deputados, senadores, conselleiros xerais, alcaldes, tenentes de alcalde e concelleiros de urbanismo, así coma aos seus colaboradores.

xoves, 14 out 2010
1287059832ardies.jpg
O alcalde recibiu na mañá deste xoves a varios membros da Asociación Ardies Yvelines, creada por varios grupos de empresarios e cargos electos de Yvelines, co fin de facilitar o desenvolvemento de infraestruturas de transporte neste distrito galo situado no oeste da rexión de París. A cidade elixida este ano por Ardies foi Vigo, onde permanecerán ata mañá venres para coñecer actuacións exemplares en materia de transportes e desprazamentos.

O rexedor socialista destacou ao termino da mesma a vocación do goberno municipal de "permanecer moi atentos ao desenvolvemento de relacións entre España e Francia e entre Vigo e area de Saint Nazaire".

Abel Caballero mantivo un encontro que cualificou de "moi interesante" e que se prolongou durante máis de dúas horas nas que se lle transmitiu a delegación gala as características da cidade e o seu xeito de funcionar en termos económicos. Outro dos temas abordados no econtro desta mañá foi a relación con este territorio francés e as expectativas de relacións económicas con PSA Peugeot Citröen "a efectos de produción, en ámbitos de exportación cara a ese territorio, o apuntalamento do coche eléctrico, a vocación de seguir sendo centro produtor de vehículos convencionais pero tamén de coches eléctricos" coas expectativas postas na fábrica de baterías na area de Vigo, segundo explicou o rexedor local.

A delegación francesa reuniuse primeiro co rexedor local e despois co concelleiro socialista Santos Héctor, quen realizou un repaso as políticas de acollida de empresas na cidade dado ao interese do colectivo polas oportunidades de implantación de empresas francesas na areas industriais de Vigo. Despois os representantes de Ardies percorreron, xunto ao edil de Tráfico Xulio Calviño, as dependencias deste servizo para coñecer de primeira man os sistemas de transporte e o funcionamento das redes de autobuses urbanos.

Co respaldo do Grupo PSA a asociación aproveitará a visita á cidade para participar das súas experiencias en materia de interacción entre o desenvolvemento económico, vencellado á implantación de grandes grupos industriais e a problemática dos transportes urbanos -desenvolvemento de infraestruturas e dos transportes colectivos así coma a intermodalidade entre sistemas de transportes-.
Descargar todas as imaxes