O alcalde presenta "Vigo no Diván", dúas xornadas de reflexión sobre a cidade que abre as celebracións do Bicentenario
Abel Caballero presentou hoxe mércores "Vigo no Diván", organizado polo colectivo Outro Vigo é Posible, e actividade encargada de abrir o sábado 16 o programa de actos conmemorativos do Bicentenario da Cidade. Trátase de dúas xornadas de reflexión sobre o pasado, presente e futuro da urbe, coa presenza de distintos expertos e a participación da cidadanía.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a secretaria de Outro Vigo é Posible, Marina Troncoso, presentaron este mércores "Vigo no Diván", dúas xornadas de reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro de Vigo que abren os actos de celebración do Bicentenario da Cidade.
Caballero subliñou o papel de Outro Vigo é Posible como "gran inspirador" e "actores principais" na organización, desenvolvemento e promoción desta actividade que chama ao análise sobre o camiño percorrido pola cidade e a senda que quere percorrer.
Troncoso, pola súa banda, salientou a importancia dunha reflexión colectiva, sosegada e plural, a partires da opinición de expertos. A secretaria do colectivo cidadá indicou que o Bicentenario é un bo momento para levalo adiante e invitou á cidadanía a participar nas xornadas que se celebrarán os sábados 16 e 23 de outubro no Centro Social Caixanova.
"O pasado que configurou o presente" é o título da primeira xornada do "Vigo no Diván", na que distintos expertos exporán a historia viguesa desde os castros ata a romanización, a reconquista e a industrialización, ata unha visión global da economía viguesa. O sábado 23 de outubro concluirá esta actividade con "O presente que constrúe o futuro", que debatirá sobre a identidade viguesa, a nova economía da cidade, a vertebración territorial e as cidades sustentables. En ambos casos, e tras a exposición dos expertos, abirarase un longo espazo dedicado á participación do público asistente e concluirá cunha breve actuación do grupo Camerata Viguesa.
Outro Vigo é Posible realizará sendas accións informativas dirixidas a recabar a participación da cidadanía viguesa na rúa do Príncipe. O venres antes da celebración da xornada, o colectivo repartirá información coa participación do grupo Perkuka do Conservatorio Superior de Música e de alumnado da Escola Superior de Arte Dramática, que farán cadanseu espectáculo de rúa, ademais dos estudantes do Conservatorio Profesional de Música.
Descargar todas as imaxes