O Aeroporto de Vigo duplicará a súa capacidade e poderá acoller a catro millóns de viaxeiros anuais

martes, 18 mai 2010

O presidente de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA), Juan Ignacio Lema Devesa, presentou o pasado sábado a ampliación do aeroporto vigués nun acto no que estivo acompañado polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro. O investimento no novo Peinador roza os 60 millóns e suporá un "impulso decisivo" para a cidade, xa que duplicará a superficie e a capacidade.

O alcalde garante "o máximo legal de axudas" de Industria a Citroën para a fabricación do coche eléctrico en Vigo

martes, 18 mai 2010

Abel Caballero reuníuse este martes co director xeral da factoría viguesa de PSA, Pierre Ianni, para por en común o proxecto municipal para converter a Vigo en "cidade piloto" do vehículo eléctrico. O alcalde explicou que Citroën, en colaboración co Ministerio de Industria, está a elaborar un plan para a construcción en Vigo do coche eléctrico, e engadíu que a ordenanza municipal en elaboración dará "todas as vantaxes" a este tipo de vehículos.

Caballero reuniuse coa Asociación de Veciños e outros colectivos de Teis

O alcalde trasladóulles aos veciños de Teis o interés do Concello no campus mariño

venres, 14 mai 2010

O goberno municipal ten a intención de continuar na senda de avanzar para acadar espazos adicados a investigación e a educación na ETEA. O alcalde asegurou que nas próximas horas comenzarán as obras do borde mariño. A reunión cos veciños de Teis prodúcese nun día no que a Fundación Provigo e a Universidade asinaron un acordo de colaboración no proxecto de Campus Marino de Excelencia Internacional.

O alcalde mantivo un encontro cun destacado número de profesionais deste colectivo

Caballero reuníuse con arquitectos e aparelladores para por en común os proxectos da cidade

venres, 14 mai 2010

O alcalde repasou con este colectivo os proxectos máis destacados da cidade, así como as preocupacións concretas deste sector. A reunión enmárcase na ronda de encontros que o rexidor local mantén con diversas comunidades profesionais para pulsar as preocupacións en todos os temas de interese da cidade.

A Fundación ProVigo e a Universidade asinan un acordo para participar no proxecto do campus marino

xoves, 13 mai 2010

O alcalde de Vigo e presidente da Fundación, Abel Caballero, e o rector da Universidade, Alberto Gago, asinaron hoxe un acordo de colaboración para participar no proxecto "Campus Marino de Excelencia Internacional". Caballero explicou que a ETEA será un lugar "referencial" para este proxecto e que nos terreos municipais deste espazo "xa está en mente" o campus marino.

O Concello adquire unha terceira desbrozadora para mellorar o rendemento da brigada de Limpeza

xoves, 13 mai 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe unha nova desbrozadora que se sumará as dúas existentes na actualidade e que permitirá mellorar o rendemento da brigada de limpeza municipal. A invasión da maleza é unha das suxestións máis realizadas polos vigueses polo que a adquisición do tractor axudará a solucionar este problema. A inversión é de 60.378 euros

O alcalde anuncia o recorte nun 15% nas súas retribucións, e proporá o mesmo aos concelleiros municipais

xoves, 13 mai 2010

Abel Caballero asegurou hoxe xoves que recortará nun 15% as súas retribucións desde o momento de publicación do decreto do Goberno de España para reducir o déficit público. O alcalde avanzou que proporá aos corporativos con dedicación exclusiva no Concello a adopción desta medida "exemplarizante" dirixida ao aforro das entidades públicas, aínda que Caballero precisou que Vigo, dos grandes municipios españois, é "o Concello máis saneado de España en réxime común".

O alcalde asegura que os 10 millóns adxudicados para melloras crearán 100 empregos directos

mércores, 12 mai 2010

Abel Caballero anunciou hoxe mércores a adxudicación das humanizacións de López Mora, Pizarro, Pi y Margall, Dr Cadaval, Lugo e Perú, xunto con outras melloras, cun investimento de 10 millóns de euros. Estas obras darán traballo directo a 100 persoas e, cos indirectos, a unhas 350, apuntou o rexedor. O goberno tamén validou dúas escolas infantís e melloras na Alameda de Bembrive, en Santa Cristina, nos xardíns do Castro e no carril bici da Avenida de Castelao. Os traballos iniciaranse na primeira quincena de xuño.