O Goberno municipal recoñecerá a dez entidades de Vigo pola súa "dimensión histórica" con motivo do Bicentenario
O alcalde Abel Caballero, avanzou este luns que con motivo dos actos do Bicentenario o goberno municipal recoñecerá a dez entidades e colectivos de Vigo, como agradecemento á súa labor durante parte dos 200 anos que cumpre a cidade olívica. Caballero destacou que o galardón "sintetiza as institucións que con dimensión histórica veñen camiñando coa cidade".
Caixanova, Faro de Vigo, Grupo RadioVigo, Celta de Vigo, Puerto de Vigo, PSA Peugeot Citröen, Zona Franca de Vigo, Universidade de Vigo, naval vigués e sector pesqueiro- Cooperativa de Armadores. Todos eles recibirán un galardón o vindeiro mércores 27 de outubro, día en que se conmemoran os 200 anos de Vigo como cidade, que consiste nunha réplica da escultura que Silverio Rivas realizou para a Praza do Bicentenario.
Este día tamén se inaugurará a Praza do Bicentenario e pola noite, as 20:30 horas, a Coral Casablanca ofrecerá un concerto no Centro Cultural Caixanova. O alcalde realizou hoxe unha "invitación masiva" ao recital a todos os cidadáns de Vigo.
Descargar todas as imaxes