Escoitar

O Pleno aproba a modificación do Pepri do Casco Vello para que a Panificadora teña uso dotacional público

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, lembrou a simboloxía do edificio industrial e fixo referencia á necesidade de que sexa conservado e preservado coma un espazo público de uso dotacional. Mariño destacou que a estas alturas "todos defenden" e coinciden en que se trata dun ben de interese cidadán. A proposta foi aprobada cos votos favorables do PSOE e o BNG e a abstención do PP.

luns, 25 out 2010
O concelleiro de Urbanismo lembrou tamén na súa intervención que a modificación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello responde a enmenda dun erro. "Alguén nalgún momento se equivocou", dixo. Así destacou que os silos consérvanse desde que se aproba o Pepri do Casco Vello, no ano 2007, "non desde 2003" así como que "nunca se xustificou desde aquel goberno a inmensa edificabilidade" permitida.

O concelleiro de Patrimonio Histórico, o nacionalista Eudosio Álvarez, asegurou que desde o seu grupo apláudese a posibilidade de "poder recuperar o conxunto de toda a Panificadora para uso e disfrute dos cidadáns". Álvarez insistiu en que se trata dun "clamor cidadán" polo que pediu "que todos arrimen o lomo" e que non se faga "guerra de guerrillas". Pola súa banda o concelleiro do PP, Chema Figueroa, xustificou a abstención do seu grupo baseándose en que "non sabemos se é ou non un bo proxecto"