Escoitar

A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente o acondicionamento das instalacións deportivas da ETEA

Segundo os datos ofrecidos polo alcalde, Abel Caballero, a inversión no pavillón deportivo da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada, ascende a 850.000 euros. A Xunta de goberno tamén deu luz verde a unha batería de novas inversións na cidade coma a aprobación inicial da humanización da Avenida de Galicia ou o soterramento de liñas eléctricas en varias rúas da cidade por un importe próximo ao millón de euros.

venres, 22 out 2010
1287752709alcalde.jpg
O alcalde anunciou na mañá deste venres que a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace a aprobación inicial do pavillón deportivo da ETEA, traballos que contan cunha inversión prevista de 860.000 euros. Xunto a ela a Xunta de Goberno validou tamén a aprobación inicial do proxecto de humanización da Avenida de Galicia, unha estrada que a pesar de ser competencia da Xunta de Galicia, será humanizada polo goberno local.

Tal e como salientou o rexedor socialista os traballos abarcarán desde o número 1 ao 112 desta rúa, centrándose na humanización da estrada e das beirarrúas e na substitución de canalización e alumeado, por un importe de 436.355 euros. Igualmente levouse adiante a aprobación inicial de humanización dunha fase de Julián Estévez, coa previsión de actuacións na calzada, no saneamento e abastecemento, en beirarrúas e no alumeado. Ademais os traballos desta rúa executaranse tamén no carril bici, na beirarrúa da marxe do ferrocarril e na pantalla verde. Neste sentido Caballero destacou que Julián Estévez, ao igual que a Avenida de Galicia, presentan actualmente un estado "lamentable".

Outro dos puntos da Xunta de Goberno Local foi a aprobación da comunicación a "Interparking Hispania S.A", que terán que deixar a xestión do aparcamento da Praza de Portugal o 5 de novembro e a partir de esa fecha deberán reverter á administración a xestión do servizo público coa totalidade das obras e instalacións, facendo a entrega en perfecto estado de conservación. Caballero adiantou que o prego de condicións para a licitación do aparcamento xa está "moi avanzado".

De igual xeito aprobouse inicialmente a contratación da reparación de beirarrúas no calexón de Travesía de Vigo 138 que quedara fora do ámbito das humanizacións desta rúa. Así mesmo saíu adiante á renovación da rede de abastecemento da rúa Quirós (tramo Moiania- Dona Cristina), na parroquia de Sárdoma, como parte da renovación do abastecemento e saneamento na cidade.

Soterramento de liñas eléctricas
A Xunta de Goberno aprobou as memorias para as obras de soterramento de liñas eléctricas en diversas rúas de Vigo por un importe de 933.000 euros. As rúas nas que se rexistrará esta mellora no abastecemento eléctrico son Manuel Álvarez, Travesía de Vigo, Cesáreo Vázquez, Manuel de Cominges, Fragoselo- Manuel Lago Lago, rúa Castaña, Sanín, Casal de Arriba e Baixada a Laxe. Tal e como indicou o alcalde os traballos forman parte da nova forma de entender Vigo, "con maior seguridade e calidade", dixo.

Xa fora da orde do día levouse a licitación de 28 motocicletas para a Policía Local cun importe de 350.000 euros. Propuxéronse tres lotes coma son 19 motos para proximidade, 3 para escolta e 6 para a UMIR (Unidade Medioambiental de Intervención Rural)
Descargar todas as imaxes