xoves, 21 out 2010
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrada este xoves deu conta da licenza municipal que evita a demolición das torres de García Barbón, unha decisión que "a lei nos obriga" a tomar, apuntou o alcalde, xa que así o contempla o Plan Xeral vigués. Caballero incidiu en que "non é un acto de vontade política" e defendeu responsabilizar a aqueles que concederon licenzas revocadas polos xulgados. "Remataron as épocas de tropelías urbanísticas en Vigo", concluíu.
xoves, 21 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, sinalou hoxe na presentación da Vigo Cool Night que iniciativas deste tipo son moi importantes para conseguir que Vigo abra novos mercados turísticos que permitan a desestacionalización do sector. "Hai que buscar novas vías para buscar novos mercados", afirmou, ao tempo que animou ao sector a seguir por este camiño.
xoves, 21 out 2010
O alcalde, Abel Caballero, asistiu hoxe xoves á posta en marcha por primeira vez na cidade de Picus, un tomógrafo sónico que diagnostica a saúde das árbores mediante ondas e sensores electrónicos. O olivo do Paseo de Alfonso, presente no escudo da cidade", ten 193 anos e presenta un "estado correcto para a súa idade", apuntou o primeiro edil.
xoves, 21 out 2010
O alcalde de Vigo anunciou hoxe xoves que, dentro das accións programadas para a celebración do Bicentenario da Cidade, a Lotería Nacional realizará un sorteo o próximo xoves, 28 de outubro, cun billete especial pola efeméride viguesa. Este acto súmase ás actividades xa presentadas con Correos, como son o selo, o rodillo e o cuño do Bicentenario
xoves, 21 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, asinaron dous convenios de colaboración co presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedadel, Alfredo Novoa, para desenvolver dous proxectos en Mozambique e Cabo Verde cun importe de de 70.000 euros. O nacionalista afirmou que este convenio amosa que o Concello de Vigo "segue fiel ao seu compromiso solidario para desenvolver programas coas persoas máis necesitadas e menos favorecidas" xa que nos últimos tres anos duplicouse as partidas destinadas á cooperación.
xoves, 21 out 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este xoves os seus parabéns aos directivos da Escola Marcote de Xadrez, Manuel Outerelo e Javier Marcote, pola vitoria no Campionato de España por equipos de División de Honor 2010, ao vencer na final ao Linex Magic de Mérida.
xoves, 21 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron este xoves a nova exposición "Pedro Solveira. O que pasou e o que está por vir", que se poderá visitar na Casa das Artes dende hoxe e ata o 5 de decembro. Para Santi Domínguez, a inauguración hoxe desta mostra retrospectiva do artista vigués "é unha proba evidente do interese da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura de poñer en valor a obra da nosa xente".
xoves, 21 out 2010
Vigo presentou hoxe a súa oferta turística en Porto apostando pola ría e o turismo urbano como grandes eixos da súa campaña de promoción "Vigo, velo para querelo". O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, salientou na súa intervención que a nosa cidade é un destino que ofrece recursos para resultar atraínte ao visitante en calquera época do ano, reforzando así a idea da desestacionalización do turismo e a súa internacionalización como destino.
xoves, 21 out 2010
O Auditorio Municipal acolle mañá, 22 de outubro ás 21 horas, unha nova actuación do programa municipal de artes escénicas, a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas que representará a obra "Un cranio furado". Ademais, segundo informa a Concellería de Cultura, quedan aprazadas dúas actuacións do programa Vigo a Escena previstas para o sábado. Trátase da representación que a agrupación Porta Aberta tiña programada na Asociación Veciñal "San Xurxo" de Saiáns e a actuación que a compañía David Fernández Rivera ía realizar na Asociación "San Mamede" de Zamáns".