O alcalde de Vigo e o presidente de Correos presentaron o selo conmemorativo do Bicentenario da Cidade
Abel Caballero e Alberto Lafuente presentaron este mércores en Madrid o selo personalizado, o cuño e o rodete especiais do Bicentenario da Cidade de Vigo. O selo, presentado na Real Casa da Moeda, é autoadhesivo e de tarifa A, válido para unha carta normalizada de ámbito nacional. A celebración viguesa inclúe recitais, exposicións, concertos, teatro e a apertura da Praza do Bicentenario o próximo 27 de outubro
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de Correos, Alberto Lafuente, presentaron na mañá deste mércores na madrileña Real Casa da Moeda o selo especial da entidade, editado con motivo do Bicentenario da Cidade olívica que se celebra este ano.
O efecto postal presentado hoxe é un selo personalizado, en papel autoadhesivo e de tarifa A, válido para unha carta normalizada de ámbito nacional, e conmemora os 200 anos da Cidade de Vigo. Caballero e Lafuente tamén presentaron o cuño e o rodete especiais do Bicentenario.
O rodete especial, que xa está en funcionamento, estampará durante un mes o logo representativo da efeméride en todas as cartas expedidas desde a oficina principal de Correos de Vigo, unha das sedes con maior tráfico de correspondencia de Galicia. Abel Caballero, quen agradeceu a cooperación da entidade, indicou que o primeiro cuño custodiarase no Museo da Cidade e o segundo será remitido ao presidente do Goberno de España, José Luís Rodríguez Zapatero.
Ao termo das intervencións, o presidente de Correos e o alcalde de Vigo concluíron o acto co mataselado conmemorativo. Á presentación asistiron numerosas e relevantes personalidades do sector público e privado.
Bicentenario de Vigo
Durante o acto de presentación, o rexedor olívico explicou que Vigo recibiu o Título de Cidade -como reza hoxe o seu escudo Fiel, Leal, Valerosa e Sempre Benéfica- en 1810, logo de ser a primeira poboación de España en liberarse de modo permanente da ocupación napoleónica. Por este motivo, o Concello vigués programou unha serie de actividades conmemorativas que abarcan desde concertos a exposicións e foros de debate cidadán.
Abel Caballero indicou que Vigo xa puido gozar de Vigo é Palabra, un recital poético inédito dunha trintena de escritores moi vinculados a Vigo -que culmina coa edición dun libro- e da primeira xornada de Vigo no Diván, dúas sesións guiadas por expertos de reflexión e debate cidadán sobre o pasado, o presente e o futuro da urbe. Ademais, a exposición Vigo é Cor abriu na tarde de onte as súas portas, mostrando a visión que máis de trinta pintores teñen da cidade.
Como parte do programa de celebración, o alcalde vigués informou do próximo lanzamento de dúas publicacións escritas, unha sobre a historia da cidade e outra coas súas 200 principais personaxes; e dos sorteos da Lotería Nacional e da ONCE con cupóns conmemorativos.
As actividades inclúen tamén concertos a cargo de corais polifónicas e do Conservatorio Superior de Música, un festival folclórico e representacións teatrais interpretadas pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. O punto álxido dos actos do Bicentenario, tal e como subliñou Caballero, terá lugar o próximo 27 de outubro, día de publicación do Real Decreto que concedeu a Vigo do título de Cidade e data na que se inaugurará a nova Praza do Bicentenario.