Xesus López anuncia que o Verbum acollerá do 21 ao 23 de outubro o sétimo certame de vídeo Secuencia Cero
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou hoxe a sétima edición do certame de vídeo Secuencia Cero, que se celebrará no Museo Verbum do 21 ao 23 de outubro a partir das 19 horas con entrada de balde. Salientou que no certame participarán 20 creacións distribuídos nas categorías de videocreación, documental e curtametraxe. Tamén se poderá ver a videoinstalación "Samil Plurinihista" do artista Pelucas e a actuación do actor vigués Cándido Pazó.
Xesus López asegurou que esta iniciativa axústase aos obxectivos da Concellería de Cultura da necesidade de "aportar as plataformas necesarias para o lanzamento dos novos creadores". Ao seu xuízo, coa celebración de Secuencia Cero, Vigo convertirase "no centro da creación de audiovisuais do noso país", polo que felicitou ás organizadoras "polo grandísimo traballo que están a desenvolver".
A representante da organización de Secuencia Cero, Inés Elorrieta, avanzou que a entrega de premios ás obras gañadoras será o sábado día 23, a partir das 21.30 horas e a cargo de Trofeos Castaña, de Tono Carbajo. "Temos que apoiar eventos como este, polo que convido á cidadanía a achegarse ao Verbum", manifestou.
"É unha honra poder colaborar neste certame, xa plenamente consolidado", afirmou Rosendo Covelo, director do Verbum. Ademais, destacou que este certame se enmarca nas actuacións que se celebran no Verbum como "aposta pola creación audiovisual". Finalmente, sinalou que os 20 traballos que se poderán ver os tres días do certame foron escollidos entre máis de 700 obras recibidas.
Descargar todas as imaxes