venres, 22 out 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director da ONCE na cidade, Arturo Parrado e a presidenta do Consello Territorial da ONCE de Galicia, Dolores Venancio, presentaron hoxe venres o cupón conmemorativo do Bicentenario da cidade cuio sorteo realizarase o 27 de outubro. Preto de 22.000 axentes vendedores comercializarán un billete que percorrerá o país.
venres, 22 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron este venres a xornada "Mecanismos da exclusión social e traballo en rede" do proxecto Redess, coa asistencia das entidades e profesionais que traballan no eido da exclusión social severa na nosa cidade. O nacionalista asegurou que esta xornada, na que participou como ponente o xefe de departamento de Sámur Social e Persoas sen fogar do Concello de Madrid, Darío Pérez, permitirá que o traballo neste ámbito sexa "máis efectivo".
venres, 22 out 2010
Abel Caballero avanzou que os técnicos estudan desde hai tempo unha reforma da circulación no ámbito do Concello para mellorar o tráfico e a seguridade viaria así coma para acadar un aceso ao Concello "ben deseñado". A partires do luns 25 de outubro anunciou Caballero que a rúa Cachamuíña recuperará o dobre sentido de circulación e xa o martes 26 establecerase sentido único descendente no Paseo de Granada, no treito entre Camelias e Praza do Rei.
venres, 22 out 2010
Segundo adiantou o alcalde, Abel Caballero, os residentes do barrio histórico vigués contarán con estas 30 prazas para dar resposta as demandas dos veciños do casco vello. O alcalde mantivo nesta tarde de venres unha xuntanza cunha representación da Asociación de Veciños para comunicarlle a nova e as condicións, entre elas que os prezos serán "moi especiais"
venres, 22 out 2010
Cando se cumpren dous anos do pasamento do fotógrafo Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes 1930-2008) o MARCO acolle unha retrospectiva da súa obra realizada en coproducción coa Fundación Telefónica. O alcalde participou na mañá deste venres na presentación dunha obra que poderá ser visitada ata o 24 de abril do vindeiro ano.
venres, 22 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este venres na inauguración da exposición "Vigo, cidade do mar amado", que durante os vindeiros seis meses poderase contemplar na Praza dos Fundadores (anexa a A Pedra). O tenente de alcalde salientou que a mostra forma parte do proxecto "Recursos turísticos para cruceiristas: exposición e itinerarios", do Plan de Competitividade Turística, e que está concebida como unha presentación da cidade aos visitantes.
venres, 22 out 2010
No marco do programa estable de artes escénicas destinada ao público infantil e familiar, o Auditorio Municipal acollerá o vindeiro domingo 24 de outubro o espectáculo "Nanomaxias", a cargo da compañía Román García. Segundo informa a Concellería de Cultura a actuación será ás 18 horas e o prezo das entradas é de 3 euros para os rapaces e rapazas até 12 anos e de 5 euros para os maiores de 13 anos.
venres, 22 out 2010
Abel Caballero recibiu onte xoves a varios profesores participantes no programa Vínfora acompañados pola concelleira de Educación Laura López Atrio. O programa inclúese no marco da colaboración e posta en marcha de proxectos, entre o Servizo de Educación da Concellería de Educación do Concello de Vigo e Espazo Ensina S. L.<br />
venres, 22 out 2010
O alcalde de Vigo reuniuse na tarde de onte co comité de empresa do estaleiro vigués de Vulcano e asegurou que nestes momentos "difíciles" os traballadores poden contar co seu "apoio incondicional". O rexedor apuntou trala reunión que é necesario que Vulcano mateña a súa actividade e en consecuencia os empregos que xera.