Abel Caballero participa na presentación dunha retrospectiva de Virxilio Viéitez que exhibirá o MARCO ata abril do vindeiro ano
Cando se cumpren dous anos do pasamento do fotógrafo Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes 1930-2008) o MARCO acolle unha retrospectiva da súa obra realizada en coproducción coa Fundación Telefónica. O alcalde participou na mañá deste venres na presentación dunha obra que poderá ser visitada ata o 24 de abril do vindeiro ano.
Tal e como explicaron na presentación da exposición ademais dos traballos máis coñecidos de Vieitez, a exposición inclúe unha grande cantidade de obras inéditas, entre elas fotografías en cor e vintage. Son un total de 293 fotografías das que máis da metade son traballos inéditos, ás que se suman os 142 vintage exhibidos en vitrinas. Tamén hai unha sala biográfica e a proxección do documental Virxilio Vieitez.
A exposición de Virxilio Vieitez poderá verse máis adiante nas salas de Fundación Telefónica en Madrid, para viaxar despois a outras cidades.
Descargar todas as imaxes
A exposición de Virxilio Vieitez poderá verse máis adiante nas salas de Fundación Telefónica en Madrid, para viaxar despois a outras cidades.