Urbanismo concedeu licenza urbanística ás torres de García Barbón xa que "a lei nos obriga"
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrada este xoves deu conta da licenza municipal que evita a demolición das torres de García Barbón, unha decisión que "a lei nos obriga" a tomar, apuntou o alcalde, xa que así o contempla o Plan Xeral vigués. Caballero incidiu en que "non é un acto de vontade política" e defendeu responsabilizar a aqueles que concederon licenzas revocadas polos xulgados. "Remataron as épocas de tropelías urbanísticas en Vigo", concluíu.
O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deu conta este xoves da concesión de licenza á promotora Ifer para regularizar as torres de García Barbón e evitar a demolición do inmoble, que alberga 170 vivendas, a sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Club Financeiro) e outros locais.
Ese permiso concédese "porque a lei nos obriga", asegurou Caballero, con arranxo ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado en decembro de 2007, e aclarou que neste caso non se derivan responsabilidades patrimoniais ou indemnizacións.
Sobre as dúas torres pesa unha orde de demolición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que se remonta a 1996, xa que incumpren o Plan Xeral anterior ao excederse en alturas e incorrer noutras irregularidades relacionadas co ámbito de actuación. O alcalde avogou porque aqueles que concederan licenzas revocadas polos tribunais "abandonen a política" e, no caso de conlevar indemnizacións, "respondan co seu patrimonio personal": "remataron as epocas de tropelías urbanísticas en Vigo".
Unha vez validada na Xerencia de Urbanismo, o Concello enviará ao Tribunal un escrito solicitando a inexecución da sentenza de derribo.
Descargar todas as imaxes