Escoitar

O alcalde amosou o seu "entusiasmo" porque Vigo entre no "ámbito da investigación europea" co Campus do Mar

Abel Caballero felicitou este xoves á comunidade universitaria de Vigo e ás entidades colaboradoras do Campus do Mar, despois de recibir hoxe a calificación de excelencia internacional por parte do Ministerio de Educación. O alcalde, que estivo presente no acto de presentación do proxecto o pasado martes, eloxiou esta "magnífica nova" que contará cunha achega orzamentaria este ano de 5,3 millóns de euros.

xoves, 21 out 2010
1287667596023.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este xoves a súa "satisfacción e entusiasmo" porque Vigo entre no "ámbito da investigación europea" grazas ao proxecto Campus do Mar da Universidade olívica, que recibiu hoxe a calificación de excelencia internacional do Ministerio de Educación do Goberno de España.

O alcalde transmitiu a súa felicitación á Universidade de Vigo, promotora da candidatura viguesa, pero tamén aos dous campus galegos que colaboraron así como a todas as institucións que respaldaron o Campus do Mar, en particular, aos institutos de investigación.

Abel Caballero estivo xunto co reitor vigués, Salustiano Mato, o pasado martes en Madrid na exposición da candidatura olívica finalmente distinguida, xunto á senadora viguesa Carmela Silva. O alcalde indicou que a resolución ministerial concedeu a Vigo 5,3 millóns de euros de orzamento para este ano, a maior cantidade concedida a calquera dos catorce proxectos que resultaron finalmente distinguidos este ano.
Descargar todas as imaxes