Escoitar

O concelleiro de Deportes felicita á Escola Marcote de Xadrez pola súa victoria no Campionato de España por equipos

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este xoves os seus parabéns aos directivos da Escola Marcote de Xadrez, Manuel Outerelo e Javier Marcote, pola vitoria no Campionato de España por equipos de División de Honor 2010, ao vencer na final ao Linex Magic de Mérida.

xoves, 21 out 2010
1287667412xadrez.JPG
Xabier Alonso salientou a calidade dos deportistas vigueses, que segundo apuntou se estende "a todas as disciplinas deportivas". Sinalou que precisamente fomentar a práctica deportiva entre toda a cidadanía pero nomeadamente nos rapaces e rapazas é un dos obxectivos da Concellería de Deportes.

Na recepción celebrada esta mañá na Concellería de Deportes, o nacionalista agasallou aos directivos da Escola Marcote de Xadrez cun exemplar da obra "Vigo cidade das ondas", con textos do xornalista Eduardo Roland e imaxes do fotográfo Javier Teniente. Asemade, Manuel Outerelo e Javier Marcote fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa do Campionato de España en "agradecemento á colaboración do Concello de Vigo".
Descargar todas as imaxes