Xesus López e Xabier Alonso anuncian que a décima edición do "Camiña e coñece" percorrerá Teis o domingo
Os concelleiros de Cultura, Xesus López, e Deportes, Xabier Alonso, presentaron este mércores a décima edición do programa "Camiña e Coñece", que o vindeiro domingo 24 de outubro percorrerá a parroquia de Teis. Os concelleiros nacionalistas afirmaron que calquera persoa pode realizar o percorrido proposto e que non é necesario inscribirse previamente.
"Este programa ten por obxectivo coñecer as parroquias da cidade mediante andainas", destacou Xabier Alonso. Explicou que esta décima edición do "Camiña e coñece" comezará ás 9.30 horas no interior das instalacións da ETEA, "para que a xente saiba que hai unha instalación militar que xa é para goce da cidadanía", sinalou o concelleiro de Deportes.
Tras seguir o camiño de Caxide e a rúa Arnela, chegarase ao parque da Riouxa, que conta "cunha flora moi diversas", indicou Xabier Alonso. "A partir de aí iremos á fronteira entre Vigo e Redondela e a continuación coñeceremos algo moi importante para Vigo, que é onde naceron as primeiras conserveiras e os primeiros estaleiros". Posteriormente visitarase a carballeira de A Guía, baixarase a Punta Lagoa para coñecer o novo paseo e a visita rematará de novo na ETEA, aproximadamente ás 13.30 horas.
O concelleiro de Deportes salientou que para elaborar as diferentes edicións do programa o primeiro paso consiste en contactar cos colectivos sociais de cada parroquia, de xeitos que eles mesmos "fan un previo percorrido mental do que nace o Camiña e coñece". No caso desta nova edición, asegurou que Teis "ten moito que ensinarlle aos veciños e veciñas de Vigo".
Xesus López destacou que o "Camiña e coñece" é unha iniciativa das concellerías do BNG que coordina a Tenencia de Alcaldía que ten o obxectivo de "difundir o patrimonio cultural de Vigo mediante un hábito tan saudable como é camiñar". Na súa intervención, o concelleiro de Cultura fixo un repaso polas anteriores edicións do programa e lembrou que dende a súa posta en marcha no 2007, xa percorreu o Casco Vello e o Ensanche, o paseo do Lagares, as mámoas de Candeán, a ruta da costa dende Bouzas a Toralla, as Letras Galegas, e as parroquias de Valadares, Zamáns, Saiáns e Bembrive.
Descargar todas as imaxes