O tenente de alcalde promociona Vigo en Porto coa Ría e o turismo urbano como reclamos dun destino de proximidade que busca a desestacionalización
Vigo presentou hoxe a súa oferta turística en Porto apostando pola ría e o turismo urbano como grandes eixos da súa campaña de promoción "Vigo, velo para querelo". O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, salientou na súa intervención que a nosa cidade é un destino que ofrece recursos para resultar atraínte ao visitante en calquera época do ano, reforzando así a idea da desestacionalización do turismo e a súa internacionalización como destino.
O sur de Galiza é un dos principais destinos dos residentes en Porto e a súa área de influencia por tratarse dun mercado de proximidade, que permite estadías curtas e fóra das habituais épocas de vacacións. É por iso que o Concello de Vigo considerou necesario desenvolver unha acción de promoción turística específica en Porto, dentro do Plan de competitividade turística de Vigo "Turismo urbano & ría", dirixida a todos os sectores relacionados co sector. O tenente de alcalde estivo acompañado polo concelleiro de Turismo de Porto, Vladimiro Feliz, así como polo presidente da Asociación de Hostalería de Pontevedra, José Magaz, e Yolanda Lesmes, da Delegación da Xunta en Vigo, en representación de dúas das entidades que forma parte do Plan de Competitividade.
Santi Domínguez explicou que este acto de promoción ten como obxectivo reforzar a nosa posición como destino no Norte de Portugal. "Estamos traballando para abrir novas expectativas e fortalecer os fluxos de visitantes nun espazo no que pensamos que aínda hai moitas posibilidades de crecemento". A promoción do destino de Vigo nese mercado, segundo o tenente de alcalde permitirá captar novos visitantes e inducirá á repetición da visita.
Nun acto que reuniu a representantes de diferentes asociacións turísticas e empresariais, axencias de viaxes, touroperadores e hostaleiros, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, indicou que a Ría é o espazo privilexiado para a práctica dos deportes náuticos en calquera época do ano. Ao tempo afirmou que alberga un dos lugares de visita obrigada da fachada Atlántica e referente diferencial como son á Illas Cíes, que conta coa praia de Rodas como mellor exemplo dos magníficos areais que ten a cidade. O tenente de alcalde indicou que Vigo ten capacidade para ser o primeiro destino turístico náutico da denominada "España Verde" e situarse entre os cinco primeiros do Estado.
Na presentación, que contou coa proxección dun vídeo sobre os recursos da cidade, o responsable de Turismo referiuse tamén ás posibilidades que Vigo ofrece para o turismo congresual e feiral e a súa capacidade para atraer o turismo urbano, relacionado co compoñente cultural e do noso patrimonio histórico, o shopping ou á gastronomía. "Vigo xa é o gran referente económico, industrial, social e cultural de Galiza e o noso obxectivo é facer que turisticamente tamén sexa o gran referente urbano. O turismo vai camiño de se converter no terceiro sector da economía de Vigo e nós imos seguir traballando para que ese crecemento teña a maior rendabilidade posible".
Na promoción en Porto tamén houbo ocasión de difundir a celebración da Vigo Cool Night, o evento que esta fin de semana, do 22 ao 24, incluirá concertos, actividades culturais, festas temáticas e exposicións, entre outras actividades, e ás que sumarán locais de ocio da cidade.
Protocolo de colaboración
Tras o acto, o tenente de alcalde e o concelleiro de Turismo de Porto, Vladimiro Feliz, asinaron un protocolo de colaboración que permitirá a ámbalas dúas cidades impulsar a súa promoción turística. Santi Domínguez salientou que, grazas a este acordo, Vigo vai contar co apoio da Cámara Municipal de Porto en todas as accións que desenvolva tanto para a súa promoción e divulgación, como para mobilizar aos axentes locais relacionados co sector. O tenente de alcalde tamén explicou que Vigo terá ao seu dispor os soportes de comunicación de municipio do Porto para difundir a súa oferta turística.
Santi Domínguez incidiu en que é preciso que Vigo e Porto, lonxe de competir como cidades, avancen cara a súa colaboración. "Temos que traballar desde a complementariedade e non desde a competitividade. O traballo conxunto vai beneficiar ás dúas cidades e a eurorrexión Galiza-Norte de Portugal", afirmou.
Descargar todas as imaxes