A maxia volve o domingo ao Auditorio Municipal co espectáculo da compañía Román García
No marco do programa estable de artes escénicas destinada ao público infantil e familiar, o Auditorio Municipal acollerá o vindeiro domingo 24 de outubro o espectáculo "Nanomaxias", a cargo da compañía Román García. Segundo informa a Concellería de Cultura a actuación será ás 18 horas e o prezo das entradas é de 3 euros para os rapaces e rapazas até 12 anos e de 5 euros para os maiores de 13 anos.
"Nanomaxias" é espectáculo de maxia absolutamente sorprendente, con cousas pequenas e emocións fortes. Cartas que trocan de cor, moedas que desaparecen e reaparecen nas mans do espectador ou billetes que multiplican o seu valor son algúns dos números que se poderán ver nesta actuación.
As entradas poden adquirirse anticipadamente a través da páxina web www.laboleteria.es ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo. A información completa da programación pódese consultar no 010 ou na web www.vigo.cultura.org.