O rexedor recibe a profesores participantes no programa Vínfora
Abel Caballero recibiu onte xoves a varios profesores participantes no programa Vínfora acompañados pola concelleira de Educación Laura López Atrio. O programa inclúese no marco da colaboración e posta en marcha de proxectos, entre o Servizo de Educación da Concellería de Educación do Concello de Vigo e Espazo Ensina S. L.<br />
O "Programa de Actualización Metodolóxica e Inmersión de profesores de Educación Primaria" está deseñado e dirixido a profesores/as de lingua inglesa de centros sostidos con fondos públicos de Educación Primaria do Concello de Vigo, e é froito da celebración previa de dúas convocatorias do Programa Europeo COMENIUS VIGO nos anos 2008 e 2009.
A proposta real de valor, segundo explicaron, radicou no aproveitamento das sinerxías xeradas entre os centros educativos e os partners de ambos países, á hora de por en marcha o programa. Por elo o programa definiríase coma un Programa de Mobilidade Internacional de profesorado de Educación Primaria de centros sostidos con fondos públicos da cidade de Vigo, baseado na convivencia e inmersión con profesorado de Educación Primaria Británico,
pretendendo a mellora no aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira e a actualización
metodolóxica dos participantes. A finalidade última, tal e como aseguraron, é a de establecer relacións de futuro entre ambos centros que permita a posta en marcha conxuntamente de novos programas de colaboración internacional.
Descargar todas as imaxes