Escoitar

Abel Caballero pídelle a Vulcano un plan de viabilidade para defendelo ante o Ministerio de Industria

O alcalde de Vigo reuniuse na tarde de onte co comité de empresa do estaleiro vigués de Vulcano e asegurou que nestes momentos "difíciles" os traballadores poden contar co seu "apoio incondicional". O rexedor apuntou trala reunión que é necesario que Vulcano mateña a súa actividade e en consecuencia os empregos que xera.

venres, 22 out 2010
1287763190naval.JPG
Abel Caballero comprometeu o seu respaldo aos traballadores e pediulle á empresa un plan de viabilidade coa intención de defendelo ante o Ministerio de Industria. Durante máis de unha hora alcalde e comité de empresa estiveron reunidos para ver as posibilidades de futuro do emblemático estaleiro vigués.
Descargar todas as imaxes