Escoitar
Mobilidade,Transportes e Seguridade

Diversos cambios de tráfico

<br />

venres, 22 out 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da construción da rotonda do Bicentenario e
coa finalidade de mellorar a mobilidade e a seguridade vial na intersección das rúas Marqués de Alcedo, Camelias e Venezuela e o seu entorno procédese a seguinte reordenación do tráfico:
- Dende o luns 25 de outubro de 2010 ás 10.00 horas reponse o dobre sentido de circulación na rúa
Cachamuíña.
- Dende o martes 26 de outubro de 2010 ás 10.00 horas establécese sentido único descendente na rúa Paseo de Granada, treito entre Avda. Camelias e Praza do Rei, con entrada pola rúa Camelias e saída polas rúas Ronda de Don Bosco ou Cachamuíña. Mantense o sentido único ascendente na rúa Paseo de Granada, treito entre a rúa Pracer e Praza do Rey. Establécese sentido único ascendente na rúa e Blein Budiño, con entrada pola rúa Ronda Don Bosco e saída pola rúa Venezuela.
Prégase a máxima atención á sinalización,
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado, a realizar pola empresa Sercoysa , estará pechada ao tráfico a rotonda do Bicentenario e a rúa Marqués de Alcedo,
treito entre Nicaragua e Venezuela, dende o sábado 23 de outubro de 2010 ás 08:00 horas e por un
período aproximado dun día.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparción de asfaltado, a realizar pola empresa Eiriña, estará pechada ao tráfico a rúa Sevilla, treito entre Zamora e Barcelona, con acceso exclusivo para garaxes, dende o sábado 23 de outubro de 2010 ás 08.00 horas e por un período aproximado dun día.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.