O alcalde anuncia unha reordenación do tráfico no entorno do Concello
Abel Caballero avanzou que os técnicos estudan desde hai tempo unha reforma da circulación no ámbito do Concello para mellorar o tráfico e a seguridade viaria así coma para acadar un aceso ao Concello "ben deseñado". A partires do luns 25 de outubro anunciou Caballero que a rúa Cachamuíña recuperará o dobre sentido de circulación e xa o martes 26 establecerase sentido único descendente no Paseo de Granada, no treito entre Camelias e Praza do Rei.
O alcalde explicou que o martes 26 de outubro establecerase sentido único descendente no Paseo de Granada, no treito entre Camelias e Praza do Rei, con entrada pola rúa Camelias e saída polas rúas Ronda de Don Bosco e Cachamuíña. Tamén avanzou que se manteñen o sentido único ascendente no Paseo de Granada entre a rúa Pracer e a Praza do Rei. Tamén establécese sentido único ascendente na rúa E. Blein Budiño, con entrada pola rúa Ronda de Don Bosco e saída por Venezuela.
Abel Caballero incidiu en que os estudios se veñen facendo desde hai tempo e subliñou que con esta ordenación darase "flexibilidade" ao tráfico na zona.
Descargar todas as imaxes
Abel Caballero incidiu en que os estudios se veñen facendo desde hai tempo e subliñou que con esta ordenación darase "flexibilidade" ao tráfico na zona.