O rexedor avanza que os veciños do Casco Vello disporán de 30 prazas no aparcamento da Porta do Sol a prezos "moi especiais"
Segundo adiantou o alcalde, Abel Caballero, os residentes do barrio histórico vigués contarán con estas 30 prazas para dar resposta as demandas dos veciños do casco vello. O alcalde mantivo nesta tarde de venres unha xuntanza cunha representación da Asociación de Veciños para comunicarlle a nova e as condicións, entre elas que os prezos serán "moi especiais"
O alcalde subliñou que con este acordo ponse fin a unha carencia de prazas nesta zona. Ademais na xuntanza os veciños aproveitaron para presentar a nova xunta directiva da Asociación e para facer un repaso xunto ao alcalde e ao concelleiro de Tráfico e Seguridade as necesidades desta zona.
Descargar todas as imaxes