Escoitar

Abel Caballero data na segunda quincena de decembro a apertura do novo aparcamento soterrado de Policarpo Sanz

O alcalde e membros da constructora visitaron este luns a última fase do novo aparcamento soterrado en Policarpo Sanz e García Barbón, que estará rematado na segunda quincena de decembro, cumprindo "escrupulosamente" cos prazos previstos ao inicio da obra. Caballero felicitou á empresa tanto polo aparcamento como pola humanización "exemplar" en superficie, que "responde ás expectativas que tiñamos".

luns, 18 out 2010
1287405250psanz.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe luns que o novo aparcamento soterrado de Policarpo Sanz inaugurarase na segunda quincena de decembro, cumprindo "escrupulosamente" cos prazos marcados inicialmente.

Nunha visita á infraestrutura "con todas as características dun aparcamento moderno", o rexedor indicou que sumará 570 prazas en total -das que 56 están xa reservadas para residentes- e felicitou á empresa tanto pola obra de enxeñería soterrada como pola "humanización exemplar" da superficie.

A obra, asegurou o alcalde, "responde ás expectativas que tiñamos", resolvendo unha necesidade do tráfico e mellorando a rúa para poñela "a disposición da cidadanía". "É a cidade que queríamos", apuntou Caballero, "chea de verde e de granito".

O primeiro edil apuntou que, cara á inauguración do aparcamento e da humanización, invitará ao seu homólogo de Madrid, Alberto Ruiz Gallardón, porque atoparase coa "mellor rúa de España". "Non hai unha humanización en toda España similar", concluíu.
Descargar todas as imaxes