O Auditorio Municipal acolle mañá o 30 aniversario de O Trasno Teatro e o domingo a actuación de Títeres Trompicallo
O Auditorio Municipal acollerá esta fin de semana as actuacións de O Trasno e Títeres Trompicallo, no marco da programación estable de artes escénicas, segundo informa a Concellería de Cultura. A compañía O Trasno Novo Teatro celebrará mañá, 16 de outubro ás 20.30 horas, o seu 30 aniversario, mentres que o domingo Títeres Trompicallo interpretará ás 18 horas a obra "Violeta Coletas contra as salchichas ¡gulp!", dirixida ao público infantil.
O Trasno Novo Teatro fará mañá sábado un repaso pola súa historia, dende a súa creación en 1980, na parroquia de Comesaña, e lembrará que dende o ano 2007 organiza os Encontros Teatrais de San Andrés de Comesaña. A entrada a este espectáculo será gratuíta.
O domingo, 17 de outubro, a compañía Títeres Trompicallo representará "Violeta Coletas contra as salchichas ¡gulp!", dentro das obras infantís e familiares do programa "Con T de Teatro". Para esta actuación, o prezo das entradas é de 5 euros as persoas adultas e 3 euros os rapaces e rapazas até 12 anos. Poderán adquirirse anticipadamente a través da páxina web www.laboleteria.es ou o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo. A información completa da programación pódese consultar en www.vigocultura.org e 010.