Escoitar

Caballero recoñece a laboura investigadora do equipo de Hidrocarburos do Oceanográfico vigués

O alcalde galardoou hoxe venres con serigrafías institucionais a varios investigadores do centro vigués do Instituto Español de Oceanografía, pola alta repercusión dos seus traballos en publicacións especializadas de alto impacto. O equipo de Hidrocarburos do Departamento de Contaminación Mariña foi recoñecido en particular polo seguemento e avaliación do impacto do verquido do Prestige na costa galega.

venres, 15 out 2010
1287147156serigrafias.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este venres entrega de sendas serigrafías institucionais aos investigadores do equipo de Hidrocarburos do Departamento de Contaminación Mariña do Oceanográfico vigués en recoñecemento pola repercusión dos seus traballos en publicacións científicas de alto impacto.

Estes investigadores foron recoñecidos polo alcalde debido en particular á súa producción científica relacionada co Prestige, do que analizaron o impacto do verquido nas costas galegas.

O traballo relativo ao Prestige destes profesionais en Vigo tivo o seu reflexo nas seis publicacións científicas en revistas de alto impacto e nas máis de trinta presentacións a congresos nacionais e internacionais na materia.
Descargar todas as imaxes