O alcalde presidiu a presentación do libro "Saiáns de onte a hoxe", conmemorativo do 30 aniversario da Asociación da parroquia
O alcalde, Abel Caballero, e os concelleiros de Participación Cidadá e Cultura, Santos Héctor e Xesus López, respectivamente, acompañaron ao presidente da Asociación na presentación do libro "Saiáns de onte a hoxe", editado en conmemoración do trixésimo aniversario da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "San Xurxo" de Saiáns. A publicación repasa a historia da parroquia e da propia entidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu na tarde do pasado xoves a presentación do libro "Saiáns de onte a hoxe", unha publicación editada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "San Xurxo" de Saiáns que repasa os trinta anos de vida da entidade e a evolución da parroquia viguesa.
O Concello amosou o seu apoio no acto coa presenza do alcalde e dos concelleiros de Participación Cidadá e Cultura, Santos Héctor e Xesus López, respectivamente. Caballero eloxiou a participación activa dos veciños de Saiáns na vida municipal e da parroquia e salientou a laboura da ACVD na consecución de servizos básicos como o alumeado público, o transporte ou a recollida de lixo, entre outras.
A publicación edítase como unha homenaxe a todos aqueles homes e mulleres que traballaron e traballan activamente pola mellora de Saiáns a través da Asociación nos últimos trinta anos, y repasa igualmente os avances experimentados en paralelo pola parroquia nas tres décadas.
A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "San Xurxo" de Saiáns naceu en 1978 e programou os actos de celebración do seu trixésimo aniversario fai dous anos, conmemoración que remata o libro editado pola entidade e presentado onte xoves na sede da propia asociación.
Descargar todas as imaxes