Escoitar

O alcalde salienta que "humanizamos máis de tres quilómetros de rúas no entorno de POVISA"

Abel Caballero asistiu á inauguración formal das humanizadas rúas Tarragona e Regueiro, na zona de POVISA, onde o Concello investiu 1,2 millóns de euros. No entorno, explicou o alcalde, o goberno local acometeu reformas nunha docena de rúas por valor de 12,3 millóns, cunha perspectiva de "modernidade" ao combinar melloras en superficie coa renovación das redes de servizo soterradas.

venres, 15 out 2010
1287147066povisa.jpg
A inauguración estivo amenizada por un cuarteto musical
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu hoxe venres á inauguración formal das humanizadas rúas Regueiro e Tarragona, onde asegurou que "humanizamos máis de tres quilómetros de rúas no entorno de POVISA".

Caballero detallou que o Concello humanizou as rúas Zaragoza, Barcelona, Zamora, Salamanca, Faustino Álvarez, Illas Baleares, Illas Canarias, Valencia, Regueiro, Tarragona, Sevilla e a primeira fase de Pintor Colmeiro, cun investimento total de 12,3 millóns sen contar a reforma desta última, acometida pola construtora do aparcamento soterrado.

En todo o entorno, o goberno local instalou, a modo de exemplo, 60 papeleiras, case 300 novos puntos de luz e máis de 600 árbores. En todas instalouse beirarrúas de granito e xardineiras, e ademais renováronse todas as canalizacións soterradas.

O alcalde fixo especial fincapé na "modernidade" dunha renovación de rúas en superficie e en profundidade, que atende ao medioambiente ao separar ás augas pluviais das fecais, optimizando a depuración destas. Caballero indicou que o saneamento trascorre en dous canais paralelos ao igual que o cableado.

Abel Caballero afirmou que o entorno de POVISA é unha "zona moi ilustre pero desatendida" da cidade, que non recibira melloras desde os anos 70. Tras as reformas realizadas, o socialista adiantou que nas próximas semanas habilitaranse bancos nas rúas.