Santi Domínguez presenta as melloras no acceso ao xacemento do Castro, que supera xa as 27.000 visitas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este venres que as 27.000 persoas que pasaron polo xacemento de O Castro dende a súa apertura o avalan como "referente da oferta cultura de Vigo". O nacionalista manifestouno tras a visita que realizou ao contorno do xacemento para comprobar as melloras realizadas no seu acceso, e na que tamén participaron o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez.
"Dende o primeiro momento constatamos problemas de acceso ao xacemento e vimos a necesidade de separar o tráfico rodado do peonil", explicou Santi Domínguez. A beirarrúa construída, ademais de permitir o acceso ao xacemento de forma segura para os peóns, "entronca co contorno natural do monte de O Castro", segundo salientou.
O tenente de alcalde indicou que a execución da obra, que contou cun investimento de 60.000 euros a cargo do Plan FEIL, serviu tamén para "dotar de saneamento" ao xacemento arqueolóxico. "Paga a pena apostar pola recuperación do patrimonio histórico e é unha marabilla ver como se pode acceder ao xacemento sen problemas", sinalou. O nacionalista anunciou que xa se está traballando en "novos plans" para dotar de outros servizos ao poboado de O Castro.
En resposta ás preguntas dos medios sobre a situación do edifcio do antigo restaurante El Castillo, defendeu a necesidade de tiralo para recuperar para a cidadanía as murallas. Segundo destacou, "se realmente apostamos polo patrimonio histórico temos que eliminar as cousas que non teñen que ver con el e afean o contorno".
Preguntado por se na decisión de tirar este restaurante pesa a postura do alcalde, Santi Domínguez dixo que "non é unha cuestión de que o alcalde queira ou non, ou de que eu queira ou non, senón do que hai que facer". Engadiu que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta xa se ten manifestado ao respecto, "expresando que hai que tiralo e que non vai permitir ningunha outra actividade".
"Seguiremos apostando pola recuperación integral de O Castro", asegurou o nacionalista. Nese traballo previsto dende as áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía mencionou o mantemento cotiá do xacemento e o seu contorno e a elaboración de plans "para que paulatinamente se poida eliminar o tráfico" do monte de O Castro.
Descargar todas as imaxes